Vostede está aquí
Accesibilidade
O sitio Web do Proxecto Symbios deseñouse e programouse seguindo as directrices de accesibilidade e usabilidade da iniciativa WAI (Web AccesibilityInitiative), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles a todo o mundo.
Entre as pautas básicas de accesibilidade marcadas podemos mencionar as seguintes:
- Unha orde lóxica de presentación dos elementos en pantalla
- Un sistema de navegación simplificado, non se utilizan menús despregable
- Un texto descritivo das imaxes
- Un acceso mediante teclado ás opcións principais
- A organización: cada páxina está organizada dun xeito claro e estruturada para mellorar a navegación e a usabilidade
- O uso dun mapa web: que proporciona unha visión global e clara do sitio web
- A linguaxe que cómpre utilizar: unha linguaxe clara e sinxela para unha mellor comprensión e para facilitar a lectura no monitor do ordenador.
Uso das características de accesibilidade
O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.
Teclas de acceso rápido
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
- Microsoft Internet Explorer: Pulse a combinación de teclas Alt+ tecla de acceso rápido e, a seguir,tecla de retorno (Enter).
- Netscape e Firefox: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.
- Opera 7 e superior: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.
En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.
Neste sitio web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:
- 0 - Inicio
- 1 - Mapa do sitio
- 2 - Accesibilidade
- 3 - Contacto
- 4 - Proxecto
- 5 - Socios
- 6 - Produtos
Tamaño dos textos
As páxinas do sitio especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.
Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
- Microsoft Internet Explorer: A través do menú "Ver" > "Tamaño de texto".
- Netscape e Firefox: A través do menú "Ver" > "Tamaño do texto" ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queiraaumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.
- Opera 7 e superior: A través do menú "Ver" > "Escala" ou empregando as teclas , - e * segundo se queiraaumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.